User eXperience Analyst (UXA)
Analista e deseñador de experiencia de usuario

Definición

Profesional que analiza e deseña a interacción e accesibilidade de usuario para aplicacións de escritorio e web

Competencias desenvolvidas

  • Capacidade para planificar e xestionar a interacción e usabilidade de proxectos nun ámbito TIC.
  • Capacidade para deseñar e construír as interfaces de interacción e uso de aplicacións informáticas mediante técnicas de desenvolvemento, integración e reutilización.
  • Capacidade de expresión, escrita e oral, eficaz e de calidade para o ámbito profesional.
  • Capacidade para innovar e xerar novas ideas.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Capacidade de actualización de aptitudes profesionais para adaptarse as innovacións tecnolóxicas e novos ámbitos TIC.
  • Capacidade de aplicación das técnicas específicas de enxeñaría do software nas diferentes etapas do ciclo de vida dun proxecto.

Actividades realizadas

  • Aplicar nos produtos participantes os aspectos humanos, tecnolóxicos, de análise e de deseño dos fundamentos da interacción persoa-ordenador
  • Construír interfaces centradas no usuario sobre a base das diferentes etapas de desenvolvemento e do proceso iterativo inherente
  • Aplicar o método axeitado de recollida de información e requisitos de usuario en canto a interfaces
  • Aplicar os fundamentos e métodos de interacción persoa-ordenador nas etapas de análise, deseño, implementación e avaliación de desenvolvementos de sistemas interactivos e aplicacións de escritorio e web
  • Facer uso das técnicas e ferramentas de prototipado de interfaces
  • Facer uso das técnicas adecuadas de inspección e avaliación da calidade das interfaces de usuario dun desenvolvemento de software
  • Evaluar a accesibilidade web
  • Aplicar con rigor os estándares e especificacións de interacción, accesibilidade e usabilidade axeitados ao proxecto participado
  • Aplicar as técnicas básicas de programación e utilizar con fluidez as linguaxes de etiquetado HTML e CSS
  • Elaborar a documentación necesaria para a edición dos manuais de usuario, así como participar no deseño ou a impartición da formación aos usuarios do sistema desenvolvido