Política de privacidade

O Colexio Profesional de Enxeñaría Ténica en Informática de Galicia, CPETIG, a través desta plataforma pode solicitar e almacenar datos persoais non sensibles dos seus usuarios rexistrados nun ficheiro automatizado da súa titularidade, inscrito no rexistro da Axencia Española de Protección de Datos, e ao cal serán aplicadas todas as medidas establecidas legalmente.
 
Estes datos solicitados dos usuarios do servizo non se cederán a terceiros, a excepción dos imperativos legais previstos na LOPD, nin se utilizarán con ningunha outra finalidade que a propia do servizo CEPRAL do CPETIG. Únicamente se permitirá o acceso autorizado, para o seu tratamento, aos membros do Comité CEPRAL de valoración de expediente e ao persoal administrativo do CPETIG, que están suxeitos por contrato a unha utilización exclusiva para os fins do servizo e a garantir sine die o segredo profesional.
 
A propia natureza do servizo CEPRAL xera novos datos persoais, como a propia certificación do servizo, a cal inclúe, obviamente, información identificativa do usuario, que poderá ser consultada por terceiros aos que autorizase o propio usuario facilitando o acceso a través dos medios establecidos a tal efecto no servizo. Neste caso, CPETIG actúa como intermediario entre o usuario e o terceiro ao que o propio usuario facilitou o acceso, e polo tanto, queda eximido de calquera responsabilidade ao respecto desta cesión que realizou o propio usuario.
 
Os usuarios rexistrados, de acordo coa legalidade vixente, poden exercer os seus dereitos sobre os mencionados datos de carácter persoal. Concretamente o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Estes poden ser, nalgúns casos, exercitados directamente polo propio usuario dende a propia plataforma web do servizo CEPRAL do CPETIG. En todos os casos, poderán exercelos dirixíndose ao CPETIG por enderezo electrónico, á dirección info@cpetig.org, ou manuscrito, á dirección da Sede do CPETIG no Edificio ETS de Enxeñería – Rúa Lope de Gómez de Marzoa s/n - 15789 Santiago de Compostela, A Coruña
 

(*) Lei Orgánica 15/1999, do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal