Verificación de certificados

Código Seguro de Verificación (CSV)

 
Esta plataforma web é exclusiva do servizo CEPRAL do CPETIG. Dende o portal www.cpetig.org teñen acceso a todos os servizos e informacións do Colexio.

CEPRAL

O CPETIG ofrece o servizo CEPRAL para posibilitar, ás persoas interesadas, a certificación da súa experiencia profesional nas actividades propias da enxeñaría técnica informática. As finalidades principais destas certificacións son facilitar, por medio da experiencia profesional demostrada, o acceso a melloras laborais e a obtención de validacións académicas.
 
Este servizo está dirixido principalmente aos profesionais informáticos formados academicamente que posteriormente exerceron profesionalmente. Non obstante, tamén está aberto a todos aqueles profesionais da informática que non dispoñen de formación académica.
 
As razóns de ofrecer tamén o servizo a non titulados encontrámolas na xuventude desta disciplina da enxeñaría e na gran demanda destes profesionais dende hai dúas décadas. Estes factores contribuíron a que moitas persoas se incorporasen a estas actividades profesionais sen a formación académica previa desexable e habitual noutras disciplinas.
 
A adquisición de coñecementos para o exercicio profesional sen formación académica previa, a pesar de non ser a vía recomendable, é indubidable que, con certas limitacións e moito máis esforzo, pode ser unha vía para alcanzar os coñecementos propios do profesional informático. Polo tanto, o CPETIG recoñece esta realidade e por iso ofrece o servizo CEPRAL a todos os profesionais da informática que nos evidencien a súa experiencia profesional nos perfís propios da enxeñaría técnica informática.
 
O CPETIG, en cumprimento da súa misión de estruturar a profesión de enxeñaría técnica informática, desexa que estas certificacións sexan de proveito, laboral ou académico, para os profesionais informáticos que teñen suficiente experiencia demostrable.