Staff member or Stay in a Professional Environment of Information Security (SPE-IS)
Cadro de persoal ou en prácticas nun entorno profesional de seguridade informática
Definición e funcións
Persoa que traballou no ámbito profesional da enxeñaría da seguridade informática, realizando tarefas operativas de soporte ou servizo (monitorización de redes e sistemas, instalación e administración de equipamentos/elementos de seguridade informática, recompilación de datos de auditoría de seguridade, etc). Ou ben, que realizou prácticas profesionais universidade-empresa non curriculares no ámbito propio da enxeñaría de seguridade informática.
Este perfil profesional certifica ás persoas que, sen realizar necesariamente tarefas nin asumido responsabilidades do nivel de enxeñaría, traballaron no ámbito da seguridade informática, de maneira que son coñecedores do contexto de actuación profesional dos enxeñeiros especializados en seguridade informática e están suficientemente familiarizadas coas cuestións, procedementos e terminoloxía propias deste ámbito profesional.
Competencias desenvolvidas
- Capacidade de comunicación oral e escrita no ámbito profesional.
- Uso e aplicación das TIC e a seguridade informática no ámbito profesional.
- Adaptación ás tecnoloxías e ámbitos profesionais da seguridade informática.
- Capacidade para innovar e xerar novas ideas.
- Capacidade para participar en proxectos de seguridade informática sendo coñecedores do código deontolóxico aplicable e dos aspectos legais actuais do ámbito das TIC.
- Capacidade de comprensión e execución de procedementos operativos de seguridade informática.
- Capacidade para entender as finalidades e obxectivos das solucións tecnolóxicas implantadas en canto a seguridade informática.
- Traballo en equipo, incluíndo os equipos 24/7 ou deslocalizados.
- Coñecemento de ferramentas e tendencias tecnolóxicas do mercado da seguridade informática.