O CPETIG
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG, CIF Q1500326B, é unha Corporación de Dereito Público creada pola Lei 8/2006, do 1 de decembro, do Parlamento de Galicia, publicada no DOG o 13 de decembro de 2006.
O Colexio desenvolve un importante papel dentro do ámbito da Enxeñaría Técnica en Informática e serve como garante de que o exercicio da profesión se axuste ás normas e ás regras que aseguren a eficacia e a eventual responsabilidade de tal exercicio.
O CPETIG ten a firme vontade de ser un referente no sector TIC en Galicia, ofrecendo sempre a solvencia que lle dan a súa independencia e a profesionalidade dos seus integrantes.
Sede social
Edificio ETS de Enxeñaría – R/ Lope Gómez de Marzoa s/n 15782 Santiago de Compostela
Tf. 981 969 354 · Fax 881249081 · secretaria.cepral@cpetig.gal
www.cpetig.gal
Dirección de envío de documentación
Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia - Edificio Witland.
C/ Camiños da Vida S/N, edificio Witland, 2ª planta, 2A
15705 Santiago de Compostela
A Coruña