DataBase Developer (DBD)
Programador de bases de datos
Definición
Profesional que deseña e implementa as bases de datos dun produto de software
Competencias desenvolvidas
- Capacidade para aplicar as técnicas específicas de tratamento, almacenamento e administración de datos.
- Capacidade para propoñer e avaliar diferentes alternativas tecnolóxicas para resolver un problema concreto de xestión de datos.
- Capacidade de traballo en equipo.
Actividades realizadas
- Executar axeitadamente as etapas do proceso de deseño dunha base de datos para obter unha implementación eficaz e de calidade
- Aplicar os fundamentos do deseño conceptual de bases de datos para representar axeitadamente os modelos de datos da aplicación por medio de diagramas UML ou ER partindo dos requisitos establecidos
- Transformar o modelo conceptual dun deseño de BD nun modelo relacional para determinar un deseño lóxico relacional e normalizado de construción segundo os estándares, e adicionalmente, realizar deseños e construcións con modelos non relacionais
- Interpretar e avaliar axeitadamente a estrutura física de almacenamento de datos de diferentes SXBD
- Adaptar o deseño lóxico dunha BD a un deseño físico para un SXBD concreto
- Determinar os índices necesarios e convenientes das táboas da BD para aumentar o rendemento das aplicacións que a usan
- Facer uso dos mecanismos de procesamento e optimización de consultas dun SXBD
- Facer uso das vistas como elementos de deseño externo para mellorar o deseño global da BD
- Interpretar axeitadamente os mecanismos de seguridade dun SXBD
- Facer uso con fluidez da linguaxe SQL, dos conectores de programación e das ferramentas de deseño e desenvolvemento de bases de datos, e adicionalmente, usar outras linguaxes de construción de BD