DataBase Developer (DBD)
Programador de bases de datos

Definición

Profesional que deseña e implementa as bases de datos dun produto de software

Competencias desenvolvidas

  • Capacidade para aplicar as técnicas específicas de tratamento, almacenamento e administración de datos.
  • Capacidade para propoñer e avaliar diferentes alternativas tecnolóxicas para resolver un problema concreto de xestión de datos.
  • Capacidade de traballo en equipo.

Actividades realizadas

  • Executar axeitadamente as etapas do proceso de deseño dunha base de datos para obter unha implementación eficaz e de calidade
  • Aplicar os fundamentos do deseño conceptual de bases de datos para representar axeitadamente os modelos de datos da aplicación por medio de diagramas UML ou ER partindo dos requisitos establecidos
  • Transformar o modelo conceptual dun deseño de BD nun modelo relacional para determinar un deseño lóxico relacional e normalizado de construción segundo os estándares, e adicionalmente, realizar deseños e construcións con modelos non relacionais
  • Interpretar e avaliar axeitadamente a estrutura física de almacenamento de datos de diferentes SXBD
  • Adaptar o deseño lóxico dunha BD a un deseño físico para un SXBD concreto
  • Determinar os índices necesarios e convenientes das táboas da BD para aumentar o rendemento das aplicacións que a usan
  • Facer uso dos mecanismos de procesamento e optimización de consultas dun SXBD
  • Facer uso das vistas como elementos de deseño externo para mellorar o deseño global da BD
  • Interpretar axeitadamente os mecanismos de seguridade dun SXBD
  • Facer uso con fluidez da linguaxe SQL, dos conectores de programación e das ferramentas de deseño e desenvolvemento de bases de datos, e adicionalmente, usar outras linguaxes de construción de BD