IS/IT Project Manager (IPM)
Xestor de proxectos de sistemas/tecnoloxías da información

Definición

Profesional que planifica, dirixe e pecha proxectos TIC aplicando metodoloxías de xestión de proxectos para acadar os compromisos fixados de calidade, prazos e custes

Competencias desenvolvidas

  • Capacidade para planificar e xestionar proxectos no entorno TIC.
  • Capacidade de expresión, escrita e oral, eficaz e de calidade para o ámbito profesional.
  • Capacidade para innovar e xerar novas ideas.
  • Capacidade para avaliar solucións tecnolóxicas e elaborar propostas de proxectos en base aos recursos dispoñibles, as alternativas posibles e as circunstancias do entorno.
  • Capacidade para exercer a actividade de acordo co código ético e os aspectos legais do entorno TIC.
  • Capacidade de liderado e traballo en equipo.
  • Capacidade de actualización de aptitudes profesionais para adaptarse ás innovacións tecnolóxicas e novas entornas TIC.
  • Capacidade para identificar as características propias dos diferentes tipos de organizacións e o papel que xogan as TIC.
  • Capacidade para abstraer un problema ao nivel axeitado para analizalo e resolvelo aplicando as habilidades e coñecementos axeitados.

Actividades desenvolvidas

  • Xestionar proxectos no entorno TIC
  • Elaborar actas de constitución dun proxecto como produto das tarefas preliminares
  • Aplicar os métodos axeitados para definir e xestionar o alcance, o prazo, o custe, os riscos, a integración, a organización e a comunicación dun proxecto
  • Elaborar mapas de interesados, organigramas de persoal e matrices de roles e responsabilidades dun proxecto, dende a perspectiva da vertente humana da xestión de proxectos
  • Elaborar planos de proxecto para planificar a súa execución
  • Dirixir a execución de proxectos planificados
  • Elaborar informes de progreso dos proxectos en execución para supervisar a súa execución, sobre todo, en canto ao control dos cambios que afecten a calidade, custe e prazos definidos
  • Elaborar avaliacións e actos de peche de proxecto o de fase de proxecto
  • Facer uso das ferramentas habituais para a xestión de proxectos
  • Coñecer e aplicar a metodoloxía ou adaptación metodolóxica máis axeitada a cada proxecto