IS/IT Project Manager (IPM)
Xestor de proxectos de sistemas/tecnoloxías da información
Definición
Profesional que planifica, dirixe e pecha proxectos TIC aplicando metodoloxías de xestión de proxectos para acadar os compromisos fixados de calidade, prazos e custes
Competencias desenvolvidas
- Capacidade para planificar e xestionar proxectos no entorno TIC.
- Capacidade de expresión, escrita e oral, eficaz e de calidade para o ámbito profesional.
- Capacidade para innovar e xerar novas ideas.
- Capacidade para avaliar solucións tecnolóxicas e elaborar propostas de proxectos en base aos recursos dispoñibles, as alternativas posibles e as circunstancias do entorno.
- Capacidade para exercer a actividade de acordo co código ético e os aspectos legais do entorno TIC.
- Capacidade de liderado e traballo en equipo.
- Capacidade de actualización de aptitudes profesionais para adaptarse ás innovacións tecnolóxicas e novas entornas TIC.
- Capacidade para identificar as características propias dos diferentes tipos de organizacións e o papel que xogan as TIC.
- Capacidade para abstraer un problema ao nivel axeitado para analizalo e resolvelo aplicando as habilidades e coñecementos axeitados.
Actividades desenvolvidas
- Xestionar proxectos no entorno TIC
- Elaborar actas de constitución dun proxecto como produto das tarefas preliminares
- Aplicar os métodos axeitados para definir e xestionar o alcance, o prazo, o custe, os riscos, a integración, a organización e a comunicación dun proxecto
- Elaborar mapas de interesados, organigramas de persoal e matrices de roles e responsabilidades dun proxecto, dende a perspectiva da vertente humana da xestión de proxectos
- Elaborar planos de proxecto para planificar a súa execución
- Dirixir a execución de proxectos planificados
- Elaborar informes de progreso dos proxectos en execución para supervisar a súa execución, sobre todo, en canto ao control dos cambios que afecten a calidade, custe e prazos definidos
- Elaborar avaliacións e actos de peche de proxecto o de fase de proxecto
- Facer uso das ferramentas habituais para a xestión de proxectos
- Coñecer e aplicar a metodoloxía ou adaptación metodolóxica máis axeitada a cada proxecto