Information systems Analyst and Designer (IAD)
Analista e Deseñador de Sistemas de Información

Definición

Profesional que realiza, de xeito individual ou integrado nun equipo de traballo, as tarefas de análise e deseño de aplicacións informáticas, de medio e grande alcance, con criterios de enxeñaría do software

Competencias desenvolvidas

  • Aplicación de técnicas específicas de enxeñarías do software nas etapas de análise e deseño dun proxecto de desenvolvemento de software.
  • Capacidade para aplicar técnicas específicas de tratamento, almacenamento e administración de datos.
  • Capacidade para propor e avaliar diferentes alternativas de análise e deseño orientado a obxectos para resolver un caso de aplicación informática.

Actividades realizadas

  • Aplicar e contextualizar axeitadamente os principios da enxeñaría do software, en especial os relativos á análise e deseño de aplicacións, cun ou máis métodos construtivos
  • Conceptualizar e entender as aplicacións en termos de orientación a obxectos
  • Coñecer a repercusión que ten o paradigma da orientación a obxectos noutros ámbitos da informática e as razóns do beneficio que aporta en canto a eficiencia e calidade polo alto grao de reutilización que aporta, así como os requirimentos que supón acadalo
  • Identificar e seleccionar axeitadamente os requirimentos dun proxecto de desenvolvemento
  • Elaborar os casos de uso da análise funcional dun proxecto de desenvolvemento
  • Elaborar os diagramas UML de análise e deseño das aplicacións orientadas a obxectos
  • Modelizar o dominio dunha aplicación por medio de diagramas UML
  • Documentar axeitadamente, segundo os estándares e especificacións establecidos, os requirimentos, o análise e o deseño dun proxecto de desenvolvemento de software
  • Definir as probas de aceptación para garantir a calidade dos programas producidos e a súa adecuación aos requirimentos do proxecto
  • Realizar as tarefas de análise e deseño do mantemento correctivo e evolutivo do software