O acceso o servizo CEPRAL do CPETIG require o rexistro do usuario na plataforma.

Unha vez rexistrado o usuario, poderá crear unha solicitude para un perfil determinado. A composición dunha solicitude supón a acreditación documental da identidade (se é a primeira solicitude que se realiza) e a achega dos documentos evidenciais requiridos e opcionais correspondentes ao perfil.

Unha vez finalizada a composición da solicitude, que non hai que completar nunha única sesión, xa que o sistema a manterá en estado inicial ata finalizala, deberase tramitar. A partir dese momento xa non se poderá modificar con ningunha outra achega evidencial.

A tramitación dunha solicitude supón trasladala ao Comité Cepral do CPETIG para ser valorada. Antes, deberase facer o envío postal da documentación que se achegou e facer efectivo o pagamento do custo da valoración, que está establecido en 71,39 € con impostos incluídos e de 52,03 € impostos incluídos para os colexiados e estudantes con acordo, ao respecto coa súa universidade. (*)

O prazo de resolución da valoración será entre 7 e 30 días naturais dende o momento de ter recibido a documentación postal para o seu cotexo e comprobarse que o pagamento foi realizado. A resolución comunicarase por correo electrónico ao interesado, quen terá dende entón un prazo de 10 días para alegar xustificadamente o resultado da valoración se o considera oportuno.

Para as valoracións positivas poderase pedir a firma, expedición e depósito do certificado correspondente, polo que haberá que configurar as opcións de expedición e facer efectivo o pagamento, que será de 12,10 € impostos incluídos para os colexiados e estudantes con acordo, ao respecto coa súa universidade, e de 24,20 € con impostos incluídos para os demais solicitantes. (*)

No prazo de 7 días naturais, dende a efectividade do pagamento, o certificado será expedido ao interesado e depositado na plataforma para poder ser cotexado telematicamente por parte de quen dispoña do CSV asociado ao certificado.

Para obter máis información ou aclaracións ao respecto, hai que rexistrarse na plataforma.

(*) As taxas de tramitación e emisión de certificados foron aprobadas pola Asamblea do CPETIG o 11/02/2023.