O CPETIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG, CIF Q1500326B, é unha Corporación de Dereito Público creada pola  Lei 8/2006, do 1 de decembro, do Parlamento de Galicia, publicada no DOG o 13 de decembro de 2006.
 
O Colexio desenvolve un importante papel dentro do ámbito da Enxeñaría Técnica en Informática e serve como garante de que o exercicio da profesión se axuste ás normas e ás regras que aseguren a eficacia e a eventual responsabilidade de tal exercicio.
 
O CPETIG ten a firme vontade de ser un referente no sector TIC en Galicia, ofrecendo sempre a solvencia que lle dan a súa independencia e a profesionalidade dos seus integrantes.
 

Sede social
Edificio ETS de Enxeñaría – R/ Lope Gómez de Marzoa s/n 15782 Santiago de Compostela
Tf. 981 969 354 · Fax 881249081 ·
secretaria@cpetig.gal
www.cpetig.gal

Dirección de envío de documentación
Praza de Compostela, 23, 2º Drcha.
 36201 Vigo
 Pontevedra