Computer Network Administrator (CNA)
Administrador de redes de computadores

Definición

Profesional que realiza, de forma individual ou integrado nun equipo de traballo, as tarefas de administración da rede de computadores dunha organización

Competencias desenvolvidas

  • Capacidade para identificar os elementos estruturais e principios de funcionamento dunha rede de computadores dunha organización
  • Capacidade para analizar a arquitectura e a organización dos sistemas operativos e as aplicacións dunha rede de computadores
  • Capacidade para administrar e xestionar os sistemas operativos e as comunicacións nunha rede de computadores
  • Capacidade para propoñer e avaliar diferentes alternativas tecnolóxicas para resolver un problema concreto dunha rede de computadores

Actividades realizadas

  • Establecer os criterios para crear e manter unha rede de computadores ben integrada e comunicada nunha organización e cos seus usuarios
  • Explotar as capacidades dos diferentes sistemas operativos e as súas posibilidades de interconexión
  • Facer uso adecuado dos sistemas de comunicación para alcanzar e garantir un bo rendemento da rede
  • Extraer e analizar a información de diferentes ferramentas de monitorización, control e xestión de redes
  • Verificar as necesidades e visión dos usuarios cara á rede de computadores
  • Utilizar os métodos de integración de diferente software dentro dunha organización
  • Realizar as accións administrativas para garantir e mellorar a seguridade dunha rede
  • Discernir o ámbito legal e xurídico dos usuarios e administradores en materia de protección de datos
  • Aplicar as accións correspondentes, segundo o establecido nas normativas de seguridade da organización, ante situacións de risco para a integridade da información aloxada na rede de computadores administrada
  • Planificar e xestionar os ciclos de vida dos elementos dunha rede de computadores