Computer Forensics Analyst (CFA)
Analista en Informática Forense

Definición e funcións

Profesional que adquire, recupera, xestiona, analiza e presenta as evidencias dixitais contidas en sistemas informáticos e dispositivos de tecnoloxía dixital.

Este perfil é de aplicación para todos os profesionais dedicados, fundamentalmente nos aspectos técnicos, á práctica forense no ámbito das TIC, os que, ademais dos coñecementos moi específicos e necesarios para levar a cabo estas actividades, dispoñen de experiencia profesional que lles permite realizalas con suficiente garantía profesional de calidade.

Competencias desenvolvidas

  • Capacidade para aplicar as técnicas propias da informática forense en todo o ciclo de vida das evidencias dixitais, preservando en todo momento a súa validez xurídica.
  • Capacidade para propoñer e avaliar diferentes alternativas tecnolóxicas para resolver un problema concreto suscitado en ao ámbito da informática forense.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Capacidade de expresión oral e escrita para utilizar unha linguaxe precisa e comprensible nas explicacións dos procesos complexos dos que se ocupa a informática forense.
  • Capacidade de auto-aprendizaxe e adaptación ás novidades tecnolóxicas.
  • Capacidade para traballar con criterios analíticos, obxectivos e lóxicos, axustados ao código deontolóxico da profesión.
  • Discernir e aplicar os aspectos legais relevantes en cada caso.

Actividades realizadas

  • Identificar e recoller as evidencias dixitais segundo os requisitos técnicos e legais que condicionan as prácticas forenses.
  • Adquirir e analizar evidencias dixitais de sistemas informáticos e dispositivos dixitais en funcionamento, apagados e en rede.
  • Preservar a integridade das evidencias dixitais e manter a cadea de custodia.
  • Elaborar informes técnicos ou periciais relacionados co estudo e análise das evidencias dixitais obtidas segundo métodos forenses.
  • Defender en público de forma oral os informes técnicos ou periciais elaborados.
  • Establecer e implantar os requisitos técnicos, legais e de calidade que ha de cumprir un laboratorio de informática (ou TIC) forense.
  • Elaborar/aplicar normas e guías de boas prácticas de organismos nacionais e/ou internacionais, relativas ao ámbito da informática forense.
  • Utilizar con destreza hardware e/ou software específicos do ámbito da informática forense.
  • Saber dirimir a idoneidade das diferentes opcións de ferramentas e tecnoloxías forenses dispoñibles no mercado para a súa adopción en casos específicos non habituais.
  • Deseñar e/ou desenvolver hardware e/ou software específicos para a análise forense que poidan ser necesarios para un caso ou tipoloxía de análise.